GL
Tarsius
GL
Tarsius é un xénero de mamíferos primates haplorrinos tarsiiformes, o tipo da súa única familia actual, a dos tarsíidos.Durante moito tempo pensouse que era o único xénero da familia, pero nos últimos anos, varios descubrimentos levaron a algúns expertos a reconsideraren o taxon, e houbo autores que propuxeron dividilo en tres xéneros diferentes: Tarsius, Carlito e Cephalopachus,Comprende varias especies que son coñecidas vulgarmente como tarsios, caracterizadas polos seus grandes ollos, e polas súas mans e os seus pés moi desenvolvidos e acabados en dedos longos rematados nun disco adhesivo, que habitan nas selvas de varias illas do sueste asiático.
Wikipedia